martes, 6 de noviembre de 2012

V foro galego de solidariedade

"A contribución social do terceiro sector"
 
O xoves 15 de novembro de 2012, de 10.00 a 14.00 horas, celebrarase no Forum Metropolitano de A Coruña, o V Foro Galego de Solidariedade sobre "A Contribución social do terceiro sector"
 
O Programa Foros Galegos de Solidariedade (FGS) é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia que quere converterse nun espazo de encontro e interacción dos axentes de participación social e voluntariado en Galicia.
Quere estimular a reflexión e o debate. Quere propiciar a construción de conclusións compartidas sobre aspectos cruciais para o desenvolvemento da acción das entidades sociais e solidarias en Galicia.
Este foro será un lugar de encontro privilexiado para persoas que participan no terceiro sector de acción social de Galicia, persoas beneficiarias da súa acción social, políticos e persoal da administración do ámbito do benestar social, e outros axentes sociais interesados en participar nun diálogo de reflexión sobre o valor que aporta o terceiro sector na sociedade.
Como resultado do traballo participativo editarase un documento que achegue o proceso e as conclusións do traballo desenvolvido ás persoas que non puideran participar no encontro presencial.
 
PROGRAMA
• Presentación.
• Relatorio. A contribución social do terceiro sector: o discurso do propio sector.
Teórico do terceiro sector. Carlos Susías (Plataforma del Tercer Sector, EAPN España). Pendente de confirmación.
• Mesa redonda. A contribución social do terceiro sector: unha conversa entre os distintos sectores.
- Representantes do sector público:
- Administración autonómica.
- Entidades locais.
Representantes do sector empresarial:
- Confederación de empresarios.
- Cámaras de comercio.
Representantes do terceiro sector:
- Rede galega de loita contra a pobreza – EAPN.
- CERMI.
• Café.
• Entrevista - diálogo. A contribución social do terceiro sector: a vision doutras formas de intervención social
Representantes de novas formas de participación: activismo en internet (Voluntariado Dixital), asociacionismo veciñal…
• Entrevista diálogo. A contribución social do terceiro sector: a perspectiva das persoas beneficiarias
Beneficiarias de acción social: inmigración, infancia, discapacidade, enfermidade mental…
• Conversa entre as participantes e conclusións.
• Clausura.
 
Fuente: Obra Social Novacaixagalicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario